Artigos etiquetado ‘xulio abonjo’

AYRLAWEBEPLAWEB

Semana de premios para as webseries galegas. Esta fin de semana saberemos cal é a primeira a gañar un Mestre Mateo nesta categoría, pero estes días chegaron boas novas desde Estados Unidos.

As series Angélica y Roberta e Entre pipas gañaron cada unha tres premios no LaWebFest de Los Angeles.
Elas levaron dous galardóns como mellores actrices e outro como guionistas, mentres que os entrepipeiros gañaron nas categorías ‘Ensemble Cast’, produción e deseño de son. Parabéns! Que veñan moitos éxitos máis.

Outra webserie candidata a gañar este ano o Mestre Mateo, Entre pipas, onde Xulio Abonjo e Luís Zahera poñen o acento galego para facernos escachar a rir.
Neste quinto episodio os feitos narrados son tan impactantes que os protagonistas… deixan o banco no que adoitan sentar!
A serie ao completo en entrepipas.com

“Corte de manzana” é o nome do cuarto episodio destes diálogos da A á Z (de Abonjo a Zahera). O teu xeito de comer unha mazá define a túa forma de ser.
Máis en entrepipas.com

Esta semana está a resultar particularmente activa no panorama galego de webseries. Ademáis das votacións de Gran Compadre e a rodaxe de Clases do social, chegou a derradeira entrega dunha das máis populares: Angélica y Roberta.
Mentres, nós seguimos gozando da primeira temporada desta produción con sabor a caramelo Pez. Neste episodio coñecemos a un novo personaxe, o veciño Edu.

Volven os “banqueiros” mais coñecidos das series para internet. Xulio Abonjo e Luís Zahera reflexionan sobre os libros de autoaxuda no terceiro episodio de Entre pipas.
Máis en http://www.entrepipas.com/

“Click y acción” é o título do segundo episodio desta exitosa e sinxela serie. Falando da intimidade.
Todos os capítulos en http://www.entrepipas.com

A treceira candidata ao Mestre Mateo este ano como mellor webserie é Entre Pipas. Os diálogos de Luís Zahera e Xulio Abonjo xa levan dúas temporadas e están a traballar na terceira. Unha creación de Jorge Cassinello.
Podes vela na súa web entrepipas.com