Artigos etiquetado ‘mestre mateo 2013’

Que che parecería organizar unha festa na casa e convidar aos teus compañeiros de clase… de 5º de EXB? Esta é a situación á que se enfrontan Roberta e Angélica no episodio ‘La fiesta’.
Máis en http://www.angelicayroberta.com

Outra das producións que pode levar o primeiro Mestre Mateo á mellor serie web é Angélica y Roberta. A serie de Méndez e Lesta recibiu o apoio dos seus fans en forma de video a prol da súa candidatura.

A aparición por primeira vez este ano da categoría de Webserie nos premios Mestre Mateo está a revolucionar ás candidatas. Nava e Vukusic (Joke Business)  estánse a empregar a fondo na campaña para conseguir votos dos académicos.

1.

Durante a fase de selección de candidatas lanzaron Réquiem por un premio:

2.
Viviron con emoción a lectura das finalistas:
3.
E xa piden directamente o voto:

“Click y acción” é o título do segundo episodio desta exitosa e sinxela serie. Falando da intimidade.
Todos os capítulos en http://www.entrepipas.com

E seguimos coa primeira temporada da serie “creada por Roberta y Angélica”. Neste episodio contan coa participación do actor “entrepipeiro” Luís Zahera.
Ségueas en http://www.angelicayroberta.com

Segunda entrega desta webserie protagonizada por Tati García e Julio Muñoz. “Te quiero pero… no repito un polvo” é o título do episodio.
A serie completa está en http://tequieropero.com/

E a cuarta das webseries candidatas é a mais nova de todas, Joke business. Unha sátira da profesión audiovisual que con só dous capítulos na rede xa se fixo un nome. Unha creación de Déborah Vukúsic e Israel Nava.
Podes vela na súa web http://www.jokebusiness.net/

A treceira candidata ao Mestre Mateo este ano como mellor webserie é Entre Pipas. Os diálogos de Luís Zahera e Xulio Abonjo xa levan dúas temporadas e están a traballar na terceira. Unha creación de Jorge Cassinello.
Podes vela na súa web entrepipas.com

Outra candidata este ano aos Mestre Mateo é Angélica e Roberta, que xa foi nomeada na edición anterior, daquela na categoría de Mellor Serie.
Actualmente van polo 8º episodio da segunda temporada na súa web, http://www.angelicayroberta.com/
Unha creación de Sonia Méndez e Sandra Lesta.

Para celebrar a recén creada categoría de Mellor Webserie nos Premios Mestre Mateo, vamos dar unha ollada ás catro candidatas. Comezamos con  Te quiero, pero… unha serie creada por Ángel Seoane e Carlos Gulías.

Podes vela en http://tequieropero.com/