Artigos etiquetado ‘mestre mateo 2013’

E o Mestre Mateo é para 'Angélica y Roberta'

A Academia Galega do Audiovisual entregou onte por vez primeira o Premio Mestre Mateo á Mellor Webserie, sendo a II Temporada de Angélica y Roberta a vencedora.
Noraboa ás gañadoras e ao resto de candidatas. Seguro que nas vindeiras edicións haberá moitas máis!

Rematamos o repaso desta semana ás candidatas ao Mestre Mateo 2013 á mellor webserie co quinto episodio de Angélica y Roberta. Desta vez a casa das protagonistas vive o seu Poltergeist particular: pode este dúo de mozas converterse nun trío?
Esta e outras aventuras en http://www.angelicayroberta.com

A webserie Joke business naceu da man de Deborah Vukusic e Israel Nava para “falar do audiovisual contando con xente do audiovisual”. A retranca e a irreverencia son os sinais de identidade dun proxecto tan “outsider” que nin sequera publica os seus episodios en orde. Despois da primeira entrega chegou a terceira, que se centra no rol do Director de Cinema.

Semanas despois da súa publicación e tras recoller as reaccións do público, engadiron este ‘extra’ ao capítulo, explicado polo propio Nava.

Mentres agardamos polo capítulo 2, podes saber máis desta serie finalista nos Premios Mestre Mateo 2013 visitando a súa páxina web.

Outra webserie candidata a gañar este ano o Mestre Mateo, Entre pipas, onde Xulio Abonjo e Luís Zahera poñen o acento galego para facernos escachar a rir.
Neste quinto episodio os feitos narrados son tan impactantes que os protagonistas… deixan o banco no que adoitan sentar!
A serie ao completo en entrepipas.com

Xa estamos na conta atrás, o vindeiro sábado entrégase por primeira vez o premio Mestre Mateo á mellor webserie. Así que esta semana nos centramos de novo nas candidatas.
Hoxe o cuarto capítulo da comedia de enredo ‘Te quiero, pero…’
Se queres ver máis desta serie visita http://tequieropero.com/

“Corte de manzana” é o nome do cuarto episodio destes diálogos da A á Z (de Abonjo a Zahera). O teu xeito de comer unha mazá define a túa forma de ser.
Máis en entrepipas.com

Esta semana está a resultar particularmente activa no panorama galego de webseries. Ademáis das votacións de Gran Compadre e a rodaxe de Clases do social, chegou a derradeira entrega dunha das máis populares: Angélica y Roberta.
Mentres, nós seguimos gozando da primeira temporada desta produción con sabor a caramelo Pez. Neste episodio coñecemos a un novo personaxe, o veciño Edu.

Xa falta menos para a entrega dos Premios da Academia Galega do Audiovisual, os Mestre Mateo, que este ano por vez primeira inclúen a categoría de Mellor Webserie.
Joke business segue co seu “Requiem por un premio”, e nesta entrega vemos como reaccionarán se non gañan eles.

“Te quiero, pero… así no”. Terceiro episodio desta comedia de leas amorosas e tensións sexuais resoltas abondo.
Tes toda a webserie en http://tequieropero.com/

Volven os “banqueiros” mais coñecidos das series para internet. Xulio Abonjo e Luís Zahera reflexionan sobre os libros de autoaxuda no terceiro episodio de Entre pipas.
Máis en http://www.entrepipas.com/